HomeCulturaO Saviñao achega a radio aos máis pequenos

O Saviñao achega a radio aos máis pequenos

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao organiza un obradoiro de creación de podcasts.

Publicado o

- Advertisement -

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao organizará o próximo venres 5 de xullo ás 12 da mediodía o obradoiro “Aprende a facer un podcast!”. Trátase dunha actividade dirixida a rapaces a partir de dez anos no que aprenderán a escribir, guionizar, interpretar, locutar e editar un podcast, é dicir, un programa de radio.

Este obradoiro está dentro do programa “Ler conta moito”, que ten como obxectivo a promoción da lectura e está financiado pola Consellería de Cultura e o Concello do Saviñao.

Para que o obradoiro se leve a cabo é preciso contar cun número mínimo de 10 inscricións antes do día 2 de xullo, e o número de prazas total está limitado a 20. Os interesados poderán anotarse presencialmente na Biblioteca do Saviñao ou chamando ao 982 45 23 24.

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...