HomeSucesosAccidente laboral ou suicidio, hipóteses máis verosímiles da morte do traballador de...

Accidente laboral ou suicidio, hipóteses máis verosímiles da morte do traballador de Chantada

O xulgado instrutor espera o informe definitivo da autopsia e o da Policía Xudicial para poder sacar conclusións respecto á estraña morte desta fin de semana nunha cisterna de leite no concello de Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

O informe preliminar da autopsia, segundo informaron fontes xudiciais consultadas por Europa Press, “non aclara se puido ser accidente ou non”, pero tampouco parece verosímil que fose unha morte accidental “dadas as circunstancias e o lugar onde apareceu” o corpo.

Para avanzar no esclarecemento do caso, o xulgado está á espera do informe definitivo de autopsia e do informe da Policía Xudicial da Garda Civil.

O domingo pasado practicóuselle a autopsia ao corpo do traballador achado morto en tan estrañas circunstancias. Fontes da investigación explicaron que no corpo do finado “non se apreciaron causas externas de agresión”, polo que as pesquisas reduciranse a determinar, segundo os resultados da autopsia, se puido ser “un accidente laboral ou un suicidio”.

O falecido era empregado da empresa leiteira Lácteos Xabelo, veciño de Trabada, e foi atopado no interior da cisterna dun camión de leite polo dono da mesma.

ÚLTIMAS

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...