HomesociedadeEntregada unha vivenda de promoción pública no Incio

Entregada unha vivenda de promoción pública no Incio

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de entregar en réxime de alugamento unha vivenda de promoción pública situada neste concello.

Publicado o

- Advertisement -

No acto simbólido de entrega participou o alcalde, Héctor Corujo, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Balseiro lembrou que as persoas interesadas en optar a este tipo de adxudicacións poden en calquera momento inscribirse no Rexistro Único de Demandantes, que xestiona o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) -dependente da citada consellería-. A inscrición pode realizarse presencialmente ou a través da sede electrónica da Xunta e ten unha vixencia de tres anos. Este rexistro serve de base aos sorteos polos que se elaboran os listados de adxudicatarios nos distintos municipios.

A vivenda que se puxo a disposición no Concello do Incio está emprazada na rúa do Rodeiro e ten unha superficie útil de case 90 metros cadrados. Consta de tres dormitorios, dispón de rocho e garaxe.

O Delegado Territorial da Xunta destacou así mesmo que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) tramita con axilidade as adxudicacións, de forma que “tan pronto unha vivenda queda baleira, realízanse os trámites para que poida volver a ser ofertada seguindo o listado de adxudicatarios de cada concello”.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...