HomeCulturaO Concello de Monforte presenta un "Verán Cultural" con cine, exposicións e...

O Concello de Monforte presenta un “Verán Cultural” con cine, exposicións e concertos

O prato forte do verán serán as actividades dentro do ciclo "Cultura no Camiño 2019", que inclúe espectáculos de maxia e musicais.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte vén de anunciar o programa do “Verán Cultural”. Trátase dun conxunto de actividades culturais, lúdicas e festivas que terán lugar dende principios de xullo ata finais de setembro. Segundo sinala a Executiva local, puxo fincapé en que houbese eventos para todos os públicos e en que tiveran presencia os artistas monfortinos, para que poidan “expresar a súa creatividade artística diante dos seus veciños”.

O alcalde de Monforte, José Tomé, destacou a importancia de programar actividades durante esta época do ano “na que recibimos un maior número de visitantes”. Deste xeito, o obxectivo principal do Concello é estimular a economía local.

No eido da música destacan o Festival da Ribeira Sacra, que terá lugar en diversas localizacións entre o 18 e o 21 de xullo; o Festival Carude Rock, que se celebrará o 9 de agosto na Praza de Carude; e as actuacións de artistas como Doc Magoos (10 de agosto), Garufa Blue Devils Big Band (11 de agosto), Os Parentes (12 de agosto) e David Prado e Sr. Jingles (24 de agosto), todos eles promovidos pola Deputación de Lugo.

Tamén se reeditarán outros eventos moi esperados polo público monfortino, como o Fancine de Lemos (do 25 ao 28 de xullo), a mostra de artesanía Artelemos (do 3 ao 7 de agosto) e a Feira do Libro (do 28 ao 31 de agosto).

Cartaz do Verán Cultural 2019 / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...