HomeCulturaEzetaerre e Liviao de Marrao encabezan a programación da Festa da Mocidade...

Ezetaerre e Liviao de Marrao encabezan a programación da Festa da Mocidade de Taboada

O próximo 9 de agosto celebrarase unha nova edición da xa tradicional Festa da Mocidade de Taboada, organizada pola Asociación Cultural O Marrao Enxebre.

Publicado o

- Advertisement -

Este martes día 16 anunciouse o programa definitivo da xa tradicional Festa da Mocidade de Taboada. Este evento terá lugar o día 9 de agosto e está organizado pola Asociación Cultural O Marrao Enxebre, que tamén está detrás da celebración da xuntanza Festóso dentro da Festa do Caldo de Ósos de Taboada.

A festa dará comezo a partir das 18:30 cunha ruta polos bares da Vila. Este percorrido comezará no Bar Urdi e estará amenizado por unha charanga. Ás dez celebrarase unha gran cea popular no Campo da Feira. Para participar desta será preciso mercar unha camiseta cun prezo de 15 euros nos puntos de venda autorizados (Bar Muxicas e Bar Mario en Taboada, Bar Ribeiriña en Chantada e Bar Bruselas en Monterroso).

A xornada rematará cunha serie de concertos. Ás 23:30 da noite prevese que comece a actuación da banda chantadina de rock bravú Liviao de Marrao. Seguiranos os coruñeses Ezetaerre, que co seu rap revolucionario veñen de percorrer as principais cidades da Península. Pecharán a festa os grupos Louband e Grilo.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...