HomesociedadeMonforte ensalza a artesanía

Monforte ensalza a artesanía

O Concello de Monforte ten en macha a XXI Mostra de artesanía Artelemos, que se desenvolve na rúa Cardenal ata o 7 de agosto en horario de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 23.00

Publicado o

- Advertisement -

Nesta edición de Artelemos cóntase coa presencia de 29 profesionais da artesanía  de toda Galicia: 4 artesáns de coiro, 5 de cerámica e vidro, 4 de xoiaría, 2 de quincalla e tamén doutras disciplinas coma moda e complementos personalizados, xoguetes artesáns, marionetas e monicreques, cestaría, madeira e lousa, feltro, etc.

Artelemos conta cun orzamento de 7.000 euros, dos cales 4.000 son aportados polo Concello de Monforte e 3.000 corren a cargo da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía, Industria e Emprego.

O obxectivo de Artelemos é tentar achegar a artesanía local e galega á xente na rúa. Ademais dos 29 stands adicados á artesanía, pódese ver en vivo a elaboración de pezas, cóntase tamén con obradoiros para cativos/as.

Programación de Artelemos para os vindeiros días

Luns 5:

  • 11:00 h.- Apertura de Stands de venda
  • 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de barro para nenos/as.  Artesá: Amparo Scrich
  • 18:00 h.- Apertura de Stands de venda
  • 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de barro para nenos/as.  Artesá: Amparo Scrich
  • 23:00 h.- Peche de Stands de venda

 Martes 6:

  • 11:00 h.- Apertura de Stands de venda
  • 11:30 a 14:00h.- Obradoiro de cestería para nenos/as.  Artesá: Paqui Abeledo
  • 18:00 h.- Apertura de Stands de venda
  • 18:30 a 21:00 h.- Demostración dunha peza de lá feltrada.  Artesá: Pilar Gonda
  • 23:00 h.- Peche de Stands de venda

Mércores 7:

  • 11:00 h.- Apertura de Stands de venda
  • 12:00 a 14:00.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías
  • 18:00 h.- Apertura de Stands de venda
  • 19:00 21:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías
  • 22:00 h.- Peche 21ª Mostra Artelemos 2019
Artelemos 2019 / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...