Homesociedade4ª edición do festival Carude Rock

4ª edición do festival Carude Rock

A cuarta edición do festival Carude Rock celebrarase no barrio de Carude de Monforte, este venres 9 de agosto a partir das 20:30 horas.

Publicado o

- Advertisement -

O Festival Carude Rock é unha iniciativa que nace da Asociación de Veciños do Barrio de Carude no ano 2016, integrándoo dentro da mesma celebración das festas do barrio na honra a San Lázaro. Pero este ano 2019, decidiron cambialo de datas pola climatoloxía e por non facelo coincidir coas festas do barrio, de carácter máis tradicional.

O obxectivo do Carude Rock, un festival que conta co apoio do Concello de Monforte é, en verbas do Alcalde “ser un bo escaparate para os  grupos da nosa bisbarra, e que poidan darse a coñecer ante o público. E ademais, suporá unha importante actividade para o barrio de Carude, que esa noite estou seguro recibirá a centos de visitantes.” O Concello subvenciona cunha axuda de 3.800 euros ó Festival, sendo o principal patrocinador do mesmo.

Carude Rock contará coas seguintes actuacións, todas elas de balde e que terán por escenario a praza de Carude: Sr. Jingels do Barco de Valdeorras, Kambotes de Rodeiro, En mala hora de Ourense, Dani Barreiro & Friends de Vilagarcía de Arousa, Acapulco 94 desde Sarria cun tributo a Héroes del Silencio.

Desde a organización do Carude Rock premiarase, o propio día dos concertos, a todos os que acudan vestidos coa camisola oficial, cunha pancetada de balde ata as 22:00 horas. Haberá tamén posto de bocadillos, e un concurso fotográfico na rede social Facebook para o que hai que saír vestido coa camisola oficial.

Cartel do Festival

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...