HomeMedio ambiente e PatrimonioQuiroga aposta pola súa minería romana como sitios históricos

Quiroga aposta pola súa minería romana como sitios históricos

A declaración de BIC para a paisaxe cultura da Ribeira Sacra recolle importantes elementos do Patrimonio Cultural relacionados coa minería aurífera e coa estadía dos romanos dende o século II d. de C. no Concello de Quiroga.

Publicado o

- Advertisement -

No BOE do xoves 28 de febreiro de 2019 publícase o Decreto polo que se declara BIC a paisaxe cultural da Ribeira Sacra, que inclúe elementos da minería aurífera de Quiroga. O Concello de Quiroga tiña solicitado no ano 2013 a apertura de varios expedientes para a declaración como BIC dos elementos máis significativos relacionados coas explotacións mineiras romanas do municipio. Tendo en conta que hai inventariadas un total de 66 explotacións auríferas vencelladas aos romanos e para non ir en contra da esencia da declaración de BIC que pretende destacar elementos senlleiros, decidiuse a división do concello nas seguintes áreas:

-ÁREA DE MONTEFURADO: que supuña a inclusión para a súa revisión e proposta de 12 explotacións mineiras, entre as que se atopaba o famoso túnel romano de Montefurado, a mina sobre a que se asenta San Miguel de Montefurado e as de Anguieiros.

-ÁREA DE PENAFURADA: entre Paradapiñol e Paraseca. Inclúe para a súa revisión e posterior proposta de 6 explotacións mineiras, incluídos o túnel de Penafurada e a canle que percorre case todo o curso baixo do río Soldón.

Penafurada / Concello de Quiroga

-ÁREA DE QUIROGA: comprende a grande mina das zona denominadas As Medas, na contorna da Vila de Quiroga.

-ÁREA DO LOR: foron propostas as minas de Covas-Augas Mestas e Margaride.

-ÁREA DA SEARA: no norte do Concello de Quiroga, na contorna da aldea da Seara, inclúense 4 explotacións mineiras.

O Concello solicitará a declaración como BIC de cada unha das áreas dentro da categoría de SITIOS HISTÓRICOS: son lugares ou paraxes naturais vencellados a acontecementos ou lembranzas do pasado, a tradicións populares, creacións culturais ou da natureza e obras realizadas polo home, que posúan valor histórico, paleontolóxico ou antropolóxico.

A declaración de bens de interese cultural no ámbito da Ribeira Sacra recolle unha relación de mobles, inmobles e manifestacións do patrimonio cultural especialmente declarados no ámbito da paisaxe cultural. Dentro desta relación destacan importantes elementos relacionados coa minería e a presenza romana en terras de Quiroga.

No anexo l.1 BIC Inmobles:

Ponte Bibei, dentro da categoría de monumento.
Explotación mineira de Montefurado, como zona arqueolóxica.
Poboado dos Covallos, conxunto histórico.

Castelo dos Novaes, como monumento.

Castelo dos Novaes / Concello de Quiroga

No anexo l.2. BIC Mobles:

-Crismón de Quiroga, da Igrexa na Ermida, no Museo Diocesano da Catedral de Lugo. Peza fundamental de finais do Imperio Romano e principios do Imperio Cristiano.

No anexo II.10, que recolle os bens inmobles clasificados na paisaxe cultural da Ribeira Sacra.

-Explotación mineira das Covas. No lugar das Covas.
-Explotación mineira de Currais de Abaixo. En Parada.
-Castro de Augas Mestas. En Augas Mestas
-Explotación mineira de Augas Mestas. En Augas Mestas.
-Explotación mineira do Fluxento. En Augas Mestas.
-Explotación mineira da Cunca. En Parada.

No anexo III: bens inmobles de carácter sagrado no territorio da Ribeira Sacra

-Igrexa de Montefurado.
-Igrexa de San Salvador do Hospital.

ÚLTIMAS

A ‘Feira do Viño de Amandi’ xa está aquí

O colofón a un completo programa de actividades do Mes de Amandi no concello...

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...