HomesociedadeTrece Roeis Fest, nace un festival en Ferreira de Pantón

Trece Roeis Fest, nace un festival en Ferreira de Pantón

Hoxxe, 17 de agosto, a esta vila da Comarca de Lemos vivirá unha xornada completísima de actividades, concertos, obradoiros, demostracións e degustacións gastronómicas.

Publicado o

- Advertisement -

Nestas datas viña sendo un referente o “Festival do Castro”, un festival arredor da música que levaba 13 anos ininterrompidos traendo música e actividades divulgativas e creativas para todos os públicos a Ferreira de Pantón grazas ao labor da Asociación Cultural O Castro.

Pero pasou que esta asociación anunciaba en agosto de 2018 que o festival se suspendía, que non ía continuar por non ter garantido un financiamento que o fixese viable ao tempo que se criticaba as políticas da Xunta por apoiar máis a outro tipo de festivais “máis comerciais”.

O caso é que dende hai uns meses abrollou con moita forza un colectivo en Ferreira de Pantón, a “A.C. Os Trece Roeis”, que semella que estean cubrindo o espazo deixado polo devandito evento festivaleiro armando outro que está dando moito que falar na contorna polo cartel de propostas musicais e a chea de actividades programadas. En xullo convocaban unha ‘batalla de grupos’ e hoxe encherán a vila con actividades para todos os públicos e propostas musicais de nivel como Uxía Lambona e a Banda Molona, un dos mellores grupos infantís da actualidade, Rosa Cedrón & Emilio Rúa, Los Alcántara, Ruxe Ruxe ou Heredeiros da Crus. Tamén hai participación de importantes grupos da zona como A Cadela Asasina, Os Parentes ou CoolFlanders.

Uxía Lambona e a Banda Molona. Foto: Facebook do grupo

Segundo informan dende a organización, a idea ou fío condutor deste festival que nace con vocación de continuidade é “promocionar a Ribeira Sacra e dinamizar o rural dende a cultura”. E empezan con moita forza pois ofrecen case 24 horas de actividades, concertos, obradoiros, demostracións e degustacións en tres espazos localizados na capitalidade do Concello de Pantón: Espazo Ribeira Sacra e Espazo 13Roeis Infantil e Escenario Pepsi.

Podedes acceder ao programa coas actividades completas de cada espazo na páxina web do evento.

Cartel do evento

ÚLTIMAS

Cor verde para conmemorar o Día Mundial do Cancro

Este mércores, na rúa Cardeal de Monforte celebrouse o acto central da programación do...

María José Gómez presenta en Chantada uha convocatoria “histórica” do programa Leader

Durante a visita, a conselleira explicou que proxectos coma o de Efigalia Energy exemplifican...

Seguen os martes de loita polo ensino no CEIP de Sober

Este martes as familias que teñen aos seus fillos/as escolarizados no colexio de Sober...

Este 5 de febreiro preséntase na Casa da Cultura de Chantada, “Todo por hacer” da xornalista Julia Varela

A autora, con máis de dúas décadas en RTVE e coñecida por ser a...