HomePolíticaOs concellos lucenses recibirán máis de 150.000 euros para combater a violencia...

Os concellos lucenses recibirán máis de 150.000 euros para combater a violencia de xénero

Así o vén de anunciar a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez. As axudas chegarán froito do desenvolvemento do Pacto de Estado alcanzado nesta materia.

Publicado o

- Advertisement -

Dos 1.054.944,06 euros que recibirán os concellos de Galicia directamente do Estado para destinar á loita contra a violencia de xénero, a provincia de Lugo recibirá 152.225,31 euros.

Isabel Rodríguez reiterou a importancia de que os concellos recuperaran as competencias en materia de igualdade e de violencia de xénero tras a reforma da lexislación aprobada polo Goberno de Pedro Sánchez.

O Real Decreto aprobado polo Goberno contempla unha serie de axudas para que os concellos podan xestionar as súas políticas en violencia de xénero, o que demostra o compromiso do Goberno nesta materia. Así, pois, ademais desenvolver as competencias á administración local faise unha dotación económica para poder desenvolver as accións correspondentes.

A subdelegada do Goberno informou que para este 2019 os concellos da provincia recibirán máis de 152.000 euros. A cantidade que lle corresponde a cada municipio resulta de sumarlle á cantidade fixa de 689 euros unha cantidade variable resultado de multiplicar 0,18 euros por habitante.

A maiores, a normativa establece que aqueles municipios que estean incorporados ao Sistema Integral de Violencia de Xénero (Viogen) recibirán máis aportación, ao reservarse unha parte o fondo estatal a este fin. Esta achega adicional para os concellos que participen no ‘Viogen’ será distribuída proporcionalmente entre eles.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...