HomeMedio ambiente e PatrimonioXornadas de patrimonio inmaterial do Camiño de Inverno

Xornadas de patrimonio inmaterial do Camiño de Inverno

A Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra organiza as XVI Xornadas Científicas do Camiño de Inverno, que co título "O Patrimonio Inmaterial do Camiño de Inverno por Ribeira Sacra", desenvolveranse no Concellode Monforte de Lemos, entre o 13 e o 15 de setembro.

Publicado o

- Advertisement -

As xornadas que teñen carácter itinerante chegan este ano a Monforte. Abriranse o día 13 no Centro do Viño da Ribeira Sacra ás 19.00 horas coa presencia da directora xeral de Turismo, Nava Castro, e o alcalde José Tomé. Posteriormente, Ana Goy Diz, catedrática de historia da arte da Universidade de Santiago, ofrecerá unha conferencia titulada «A búsqueda do valor universal excepcional da Ribeira Sacra». Ás 20.30 horas haberá un concerto comentado sobre o pito pastoril galego por conta do músico e profesor Efraim Díaz.

O sábado, ás 10.30 horas, haberá unha visita guiada ao Colexio da Compañía a cargo de Javier Agudo. Ás 12.30, Víctor Vázquez Portomeñe, que fora conselleiro de Cultura, falará sobre «O valor inmaterial dos Camiños de Santiago». Ás 16.15 horas do sábado, farase un percorrido guiado con Alfonso Campos polos miradoiros do Duque e Pena do Castelo. Ás 19.30 horas haberá unha visita guiada á adega Regina Viarum, en Sober.

O domingo 15 terá lugar un percorrido a pé polo Camiño de Inverno, desde Cereixa ata Monforte. Nesta xornada visitarase tamén o conxunto monumental de San Vicente do Pino con Felipe Aira, investigador da historia local. Ás 13.00 horas celebrarase no parador un coloquio sobre as tradicións orais da Ribeira Sacra e ás 14.00 haberá un acto de clausura presidido por Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo 2021. Ás 16.30 horas, haberá unha visita guiada ao pazo de Tor, que rematará coa actuación de Xosé do Incio, quen tamén falará sobre as regueifas.

Para participar nas xornadas patrocinadas poloXacobeo 2021, é necesario inscribirse antes do 10 de setembro. Para máis información poden chamar ao 608 575 965 ou na web caminodeinvierno.com

Cartel das Xornadas

ÚLTIMAS

Detidos dous homes como supostos autores de ‘ciberestafas’ denunciadas en Lugo e Monforte

Segundo informaron fontes policiais, unha das estafas foi denunciada en Lugo, e a vítima...

O PP de Monforte considera que as cámaras instaladas na cidade son para impoñer multas, non para mellorar a seguridade

A voceira popular, Katy Varela, explica que se pide esta información dadas as reiteradas...

Este 18 de xaneiro preséntase o tomo IX de Alicerces

O acto de presentación terá lugar este sábado, 18 de xaneiro, no Auditorio Municipal...

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...