HomesociedadeXa se escoitan chegar as motos á Ribeira Sacra e ao Courel

Xa se escoitan chegar as motos á Ribeira Sacra e ao Courel

Do 23 ao 25 de agosto terá lugar a VI concentración moteira que organiza o Moto Club A Curuxa de Quiroga, unha das que máis está medrando nestes últimos anos en Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

Todo listo para recibir nos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel a centos de moteiros e moteiras chegados de diferentes puntos de Galicia e do resto do estado que  se atoparán ao berro de “Saúdame sempre”, lema que encabeza este ano o cartel do evento.

Este encontro de amigos e amigas das motos está xa consolidado no calendario dos afeccionados pola boa sona destes anos que lle chega pola boa organización, a variada e atractiva programación e, como non, pola contorna na que se desenvolve. Gozar en moto das fermosas paraxes do Courel e da Ribeira Sacra é un pracer que convida a repetir e a recomendar, está claro.

A programación inclúe actividades dende este venres 23 ata o domingo 25 de agosto sendo o punto o epicentro Quiroga, concretamente na explanada do Auditorio de Quiroga, lugar onde este pasado sábado tiña tamén lugar o Qui-Roma.

O venres 23 a partir das 17:30 h. é o momento das inscricións, e a continuación haberá obradoiros infantís, “homenaxe aos caídos/as” e ruta de pinchos para ir abrindo boca antes do concerto de Dani Barreiros & Friends.

O sábado 24, dia grande, os moteiros e moteiras farán unha ruta matinal por diferentes puntos da Ribeira Sacra e Courel e despois de xantar, xa pola tarde, terán lugar os circuítos e os espectáculos. Haberá un circuíto de pitbikes e un Stunt Show con dous dos mellores pilotos do estado, Narcís Roca e Acuko. Tamén haberá un mercadiño moteiro, food truck, inchables e festa rachada con Os do Recanto -grupo tradicional local-. Pola noite, cea no recinto, concerto do grupo valdeorrés Los Íñigos e II concurso Tattoo Bike ‘Dani Rivas’.

Espectáculo na Rúa Real de Quiroga nunha edición anterior. Foto: A Curuxa

Como remate, o domingo 25 está programada a “Ruta inaugural dos xeomiradores de Ribas de Sil”, un show de Flat Track e alborada con sesión vermú amenizada coa música de Os do Recanto. Ás 14:00 h. farase a despedida con pinchos, sorteos e entrega de trofeos.

ÚLTIMAS

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...

O Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e...

‘Val de Quiroga de tapas’: a tapa gañadora coñecerase tras o pregón da Feira do Viño de Quiroga

O 'Val de Quiroga de tapas' celebrou a súa décimo terceira edición neste comezo...

Os coidados como saída laboral a debate este 24 de abril no Ecocentro Natureza de Monforte

O vindeiro xoves, 24 de abril, o Ecocentro Natureza de Monforte de Lemos (á...