HomesociedadeMellores equipamentos de emerxencias para Protección Civil na zona sur da provincia

Mellores equipamentos de emerxencias para Protección Civil na zona sur da provincia

A Xunta subvenciona equipamentos de emerxencias a Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil dos concellos de Monforte, Quiroga, Chantada e Sober.

Publicado o

- Advertisement -

O equipamento para ceder ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil distribúese en dúas liñas de axuda. Unha delas permitirá dotar a dous concellos de cadanseu remolque para a atención ás emerxencias (os municipios beneficiarios son os de Sober e Quiroga). A segunda está dirixida á adquisición de tendas de campaña de emerxencias (os concellos beneficiarios serán o de Monforte de Lemos e Chantada). O investimento total supera os 40.000 euros.

As entidades ás que se lles concedeu o equipamento solicitado terán de prazo dez días hábiles desde a recepción a comunicación da resolución favorable para aceptar ou renunciar á subvención. Se algún dos beneficiarios renuncia redistribuirase o equipamento non adxudicado en base á lista de reserva integrada por todos os solicitantes admitidos segundo a puntuación de cada entidade.

O prazo estimado para a sinatura da acta de cesión dos vehículos todo terreo tipo pick-up e dos remolques para a atención de emerxencias será de tres meses. No caso das tendas de campaña, a cesión quedará condicionada á finalización do novo expediente de contratación.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...