HomesociedadeMoito fume, medo no corpo, 350 hectáreas calcinadas e veciños desaloxados

Moito fume, medo no corpo, 350 hectáreas calcinadas e veciños desaloxados

Os veciños de A Vide do concello de Monforte de Lemos e os do lugar de Mañente en Pantón foron desaloxados das súas casas debido ao incendio declarado este xoves, día 5 de setembro, ás 14,30 horas e que calcinou 350 hectáreas.

Publicado o

- Advertisement -

Os desaloxos fixéronse como medida preventiva, xa que as chamas atopábanse próximas ás vivendas aínda que non chegaron a ocasionar danos nelas. Os servizos de extinción de incendios seguen tratando de apagar as chamas e arrefriar o terreo. As parroquias monfortinas máis prexudicadas son as de Seoane, San Xulián de Tor, San Cibrao da Vide, Moreda e Baamorto. Nesta última foi na que se iniciou o lume, concretamente na parroquia de Cinsa, segundo explicou o alcalde de Monforte, José Tomé.

O incendio calcinou rápidamente 350 hectáreas de terreo en catro horas e afectou a leiras particulares, monte, zonas rasas e prados, pero non a edificios. As parroquias máis afectadas son próximas ao núcleo de Monforte e estaban ben comunicadas para o acceso dos servizos de extinción.

Incendio / XdL

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación dispuxo para este incendio 14 medios aéreos e tres brigadas de especialistas. Interviron tamén catro avións anfibios de gran capacidade, 2 anfibios de 3.100 litros, un helicóptero Kamov, tres BRIF, un avión de coordinación e unha unidade móbil de análise.

Interviron neste incendio catro avións anfibios Canadair, de 5.500 litros de capacidade de descarga, procedentes das bases de Labacolla (A Coruña), Matacán (Salamanca) e Torrexón (Madrid). Tamén dous avións anfibios, de 3.100 litros, da base de Rosinos, en Zamora, e un helicóptero tipo Kamov, de 4.500 litros de capacidade, cuxa base se atopa en Ibias (Asturias).

Contouse con tres brigadas de reforzo en incendios forestais (BRIF), cos seus correspondentes helicópteros de transporte e extinción. Estes equipos proceden das bases de Tineo (Asturias), Laza (Ourense). Ademáis dun avión de coordinación (ACO), da base de León, e unha unidade móbil de análise e planificación, procedente de Ourense.

Incendio / XdL

 

 

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Festa da Carne ao Caldeiro’ de Castro de Carballedo

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e as responsables da organización,  Hita...

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Atopan unha persoa falecida no interior dun coche que se saiu da vía en Sarria

Unha persoa perdeu a vida tras incendiarse o seu vehículo despois de saírse da...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...