HomesociedadeAfortunados da lotaría e do 'cuponazo' no sur de Lugo

Afortunados da lotaría e do ‘cuponazo’ no sur de Lugo

Sarria, Monforte e Quiroga foron tres das localidades afortunadas.

Publicado o

- Advertisement -

O sorteo do Cuponazo da ONCE correspondente ao venres 6 de setembro e o da Lotería Nacional do pasado sábado, 7 de setembro, deixaron importantes premios no sur da provincia de Lugo.

O sorteo do Cuponazo da ONCE deixou premios que suman 200.000 euros entre as localidades de Lugo e Sarria. Juan Trebolle Navia vendeu un cupón premiado con 25.000 euros na localidade de Sarria.

Por outra banda, esegundo informa EFE, a Delegación Comercial de Loterías e Apostas do Estado na provincia de Lugo informou de que o número 19.116, 2º premio do sorteo especial de setembro,  deixou un premio de 250.000 á serie na administración La Paz da localidade de Monforte de Lemos.

Con este mesmo número xogaba unha cafetería da vila de Quiroga, un número habitual que xoga todas as semanas na lotería nacional. Así, pois, sendo o premio de 250.000 euros por serie, algúns dos clientes deste establecemento foron agraciados con 25.000 € por cada décimo. O mesmo número foi vendido tamén na administración de Lotería desta localidade co cal seguramente haxa máis agraciados.

ÚLTIMAS

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...

O Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e...

‘Val de Quiroga de tapas’: a tapa gañadora coñecerase tras o pregón da Feira do Viño de Quiroga

O 'Val de Quiroga de tapas' celebrou a súa décimo terceira edición neste comezo...

Os coidados como saída laboral a debate este 24 de abril no Ecocentro Natureza de Monforte

O vindeiro xoves, 24 de abril, o Ecocentro Natureza de Monforte de Lemos (á...