HomesociedadeBatalla de grupos do Trece Roeis Fest

Batalla de grupos do Trece Roeis Fest

O parque da feira do Concello de Pantón acolle este sábado, día 14 de setembro, a batalla de grupos do Trece Roeis Fest, cuxa celebración o pasado 13 de xullo se suspendera por mor do temporal.

Publicado o

O Festival plantexábase con dúas citas, a batalla de grupos do 13 de xullo e o Festival propiamente dito que se celebrou o pasado 17 de agosto. O 13 de xullo o temporal fixo que esta proposta fose aprazada para retomala este sábado, 14 de setembro. Comezará ás 20.00 horas contando coa participación de 8 bandas de folk: Mileth, Liberad al kraken, Searas, Cabodano, Folkcongrelos, TiamGZ, Fora ostias, Maina Materia e Debezo. Formacións de diferentes estilos como rock, rap, metal ou blues con música 100% en galego.
Depois do concurso coñecerase ao gañador que será a primeira banda do Trece Roeis Fest do vindeiro ano. A formación vencedora gravará ademais un disco de estudio de 10 cancións. Tralo veredicto do xurado contarase con sesión dj.
A asistencia ós concertos é gratuita e contarase tamén con zona de acampada de balde. Desde a organización convídase a participar desta iniciativa que colle o relevo do Festival do Castro e que definen como un evento orixinal e único en toda Galicia”.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...