HomeMedio ambiente e PatrimonioDous incendios activos en Quiroga queiman xa máis de 150 hectáreas

Dous incendios activos en Quiroga queiman xa máis de 150 hectáreas

Publicado o

- Advertisement -

A provincia de Lugo volve ser golpeada polos lumes en setembro. Dous incendios arrasaron xa máis máis de 150 hectáreas en Quiroga. Segundo a Consellería de Medio Rural, a situación era a seguinte na mañá deste sábado:

ACTIVO QUIROGA – HOSPITAL 

O lume rexistrado onte no concello lugués de Quiroga, parroquia do Hospital, permanece activo logo de comezar ás 20,40 h. da tarde. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 110 hectáreas. No seu control levan participado 1 técnico, 4 axentes, 18 brigadas, 9 motobombas e 3 pas.

ACTIVO QUIROGA – ENCIÑEIRA

Tamén permanece activo outro lume no concello de Quiroga, esta vez na parroquia da Enciñeira, logo de comezar ás 1,40 h. desta madrugada. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 45 hectáreas. No seu control mobilizáronse 5 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...