HomesociedadeMonforte escenifica a revitalización do seu comercio local

Monforte escenifica a revitalización do seu comercio local

O día 19, ás 20:30, na Praza de España de Monforte, o que fora primeiro presidente do CCU e un dos promotores da iniciativa, Ovidio Pérez Reñones, lerá un manifesto sobre o comercio local. Despois do manifesto celebrarase un funeral simbólico do comercio local que percorrerá a rúa Comerio, rúa Huertas, Avda. de Galicia e Cardenal para regresar á Praza de España onde se lerá un panexírico para revitalizar ao comercio local.

Publicado o

- Advertisement -

O CCU de Monforte vén desenvolvendo desde o pasado 7 de setembro unha campaña de sensibilización co comercio local. Comezábase cun peche simbólico e empapalado dos escaparates dos establecementos durante toda a fin de semana, co obxectivo de trasladar o que sería unha cidade sen negocios locais.

Coincidindo co peche, desenvolvéronse varias performances nos establecementos comerciais, nas que actores e veciños do concello improvisaban e debatían sobre as preocupacións ás que se enfrenta o sector. Estas performances vanse publicando periódicamente nas redes sociais do CCU de Monforte.

Enquisas sobre hábitos de consumo, flyers e vinilos de chan nos que se fala das diferenzas entre comprar no comercio local e non facelo, forman parte tamén desta campaña que remata a súa presenza nas rúas este xoves, día 19.

Campaña de Sensiblización do CCU / CCU Monforte

O día 19, ás 20.30, na Praza de España, o que fora primeiro presidente do CCU e un dos promotores da iniciativa, Ovidio Pérez Reñones, lerá un manifesto sobre o comercio local. Despois do manifesto celebrarase un funeral simbólico do comercio local que percorrerá a rúa Comercio, rúa Hortas, Avda. de Galicia e Cardeal para regresar á Praza de España onde se lerá un panexírico para revitalizar ao comercio local.

O CCU anima a todos os comerciantes e veciños en xeral a participar desta cita que espera ser un revulsivo para que veciñanza e comercio camiñen da man nunha nova etapa na que Monforte se siga consolidando como capital da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Este 3 de febreiro abre o prazo para solicitar a participación na XXII Feira Medieval de Monforte

As bases aprobadas este luns na Xunta de Goberno Local recollen o procedemento de...

O Porco Celta reivindícase en Sarria como motor económico do rural

A subdelegada participou na celebración da XVIII Festa do Cocido do Porco Celta, unha...

Por Chantada propón un plan para incentivar o alugueiro e garantir o acceso á vivenda

Desde o grupo lembran que o dereito a unha vivenda digna e axeitada está...

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...