HomePolíticaDúbidas sobre a edificabilidade do ambulatorio de Escairón

Dúbidas sobre a edificabilidade do ambulatorio de Escairón

As obras adxudicadas á empresa COPCISA sufriron inundacións en xuño deste ano e non se reiniciaron o 12 de agosto como tiña anunciado a rexedor local.

Publicado o

- Advertisement -

Sen que a día de hoxe se teñan retomado as obras do ambulatorio do Saviñao, desde Podemos cren que non se cumprirá o prazo de execución da licitación de 12 meses para xullo 2020 por 1. 138.455.05 euros.

Se esta situación se mantén, Podemos anuncia que instará a que o Concello e a Consellería de Sanidade busquen outras localizacións con menos problemas de edificabilidade e de custo público e lembran que eles rexeitaron este proxecto desde o comezo porque “ocupa unha zona verde ou dotacional deportiva, rompendo coa extensión de goce da Lama, motivo para o cal foi cedido o espacio”.

Lembran ademais desde Podemos, que previo á licitación desde o concello nunca se explicou publicamente o porqué desta localización, a pesar da firma de 570 opositores a este proyecto (2017). Consideran que o goberno municipal debería de explicar a ventaxas deste emplazamento.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...