HomesociedadeEscola para o apoderamento de mulleres do rural

Escola para o apoderamento de mulleres do rural

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, formará a mulleres en novas tecnoloxías a través de obradoiros que se impartirán en oito concellos galegos entre finais do mes de setembro e mediados de novembro. 

Publicado o

- Advertisement -

A Escola para o apoderamento de mulleres do rural: comercio e banca electrónica é o nome da iniciativa, unha aposta pola formación en novas tecnoloxías entre as mulleres do rural galego co fin de diminuír a fenda dixital, fomentar o apoderamento financeiro e a autonomía económica nun contexto no que o número de oficinas bancarias diminúe progresivamente e no que as transaccións de bens e servizos a través da rede están á orde do día. 

Entre os obxectivos deste obradoiro de formación está que as asistentes adquiran coñecementos e habilidades relacionadas coa Sociedade da Información (banca electrónica, comercio electrónico) e que coñezan os seus dereitos como persoas consumidoras e as ferramentas existentes que permiten o exercicio dos mesmos. 

Na zona sur de Lugo acollerá un destes cursos, o Concello de Monforte. Será os días 7 e 9 de outubro e 14 e 16 de outubro en horario de 17.00 a 19.00 h. na Aula CEMIT situada no Edificio Multiusos (Rda. María Emilia Casas Baamonde s/n).

As prazas son limitadas e para inscribirse pódese chamar ao teléfono 981 56 64 11 (de luns a venres de 10.00 a 15.00 h.) ou enviar un correo electrónico a prensa@consumidores.gal.

ÚLTIMAS

XVII edición de “Estase Cocendo” en Monforte

Esta tarde presentábase en Monforte unha nova edición do "Estase Cocendo", unhas xornadas gastroturísticas...

Pantón acolle a primeira proba do Campionato de España de Enduro este 15 e 16 de marzo

No acto de presentación deste mércores estaban presentes na presentación do acto, Javier Quintas...

150 participantes na 2ª proba do Campionato Galego de Voleibol Benxamín e Prebenxamín que se celebra este 15 de marzo no Pavillón da Pinguela

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, acompañada polo Director Deportivo da Federación Galega de...

‘As Alumnas’, obra de teatro para conmemorar o 8M en Monforte

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, e enmarcada na programación...