HomeCulturaMonforte presume de actividade cultural

Monforte presume de actividade cultural

Cun total de 17 actividades escénicas, a cidade do Cabe será un referente teatral no sur de Lugo os vindeiros meses.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte presenta unha ampla programación escénica para o derradeiro trimestre do ano. Nada máis e nada menos que 17 serán as actividades que se desenvolverán aproveitando os diferentes circuítos públicos subvencionados que ofrecen Xunta de Galicia e Deputación de Lugo.

Así, pois, participa no ciclo Ler Conta Moito, FalaREDES e Rede de Teatros e Auditorios, circuítos que promove e cofinancia a Xunta de Galicia, e nos programas Buxiganga e Proscenio que financia a Deputación de Lugo.

A presentación desta completa programación correu a cargo da Concelleira de Cultura, Marina Doutón, quen explicou polo miúdo o programa que está deseñado para atender a demanda tanto dun público adulto coma dun público familiar e infantil.

Programa completo ao detalle

Ciclo ‘Ler conta moito’

Este programa vai dirixido ao público infantil e de ensino primario para o fomento da lectura. Desenvolverase dentro da Biblioteca Municipal de Monforte coas seguintes actividades:

-Xoves 26 de setembro, Leo LeiñoMaxia e libriños.

-Venres 4 de outubro,  Mago DeimiA maxia está nos libros.

-Xoves 17 de outubro, Mere ClownA verdadeira historia de Hamerlin.

-Xoves 24 de outubro, Carlos CoiraAs marabillosas ideas do señor Basilio

Ciclo ‘Ler conta moito-Violencia de xénero’

Este mesmo programa contempla unha programación específica para educar contra a violencia de xénero. Dentro do mesmo, o concello escolleu as seguintes actividades:

-Venres 11 de outubro, Marionetas TrécolaCociñando en igualdade.

-Venres 18 de outubro, Brais das HortasContamos todas.

Todas estas obras serán desenvolvidas en horario lectivo de mañá e son totalmente gratuítas para os participantes.

Rede de Teatros e Auditorios 

Dentro da Rede Galega de Teatro que promove o AGADIC da Xunta de Galicia, o Concello programa 5 obras de teatro dirixidas a público adulto:

-Xoves 17 de outubro, Talia Teatro coa obra Vida de cans.

-Xoves 31 de outubro De Ste Xeito Producións coa obra Running.

-Xoves 14 de novembro Teatro da Rambola coa peza O meu mundo non é deste reino. Trátase dunhaobra de Manuel María que foi gañadora dun concurso da Fundación Manuel María coa que o Concello de Monforte adquiriu o compromiso da súa representación na cidade. Esta obra foi presentada no Teatro Rosalía da Coruña, á cal foi invitado o Concello de Monforte.

-Xoves 28 de novembro Redrum Teatro coa peza Invisibles. Unha peza teatral con visión de xénero que visibiliza a lacra da violencia de xénero. Foi escollida e encaixada nesta data para commemorar o Día da Violencia de Xénero (25 de novembro).

-Xoves 12 de decembro Culturactva coa obra Senior.

Todas estas obras vanse representar no Edificio Multiusos ás 20.15 da tarde cun custe de 5 euros para adultos, e de 3 para xubilados e desempregados.

Programa de Teatro Afeccionado “Buxiganga” 

Este ciclo ofrece a concellos de Lugo obras de teatro levadas a escena por compañías de teatro afeccionado da provincia.

-Sábado 26 de outubro Teatreiras coa obra Pros e contras.

-Sábado 16 de novembro Grupo Teatro Viraventos coa obra Sucesos.

Representaranse na Casa da Cultura Lois Pereiro ás 20:00 horas e serán de balde.

Programa FalaRedes 

Programa de dinamización lingüística que promove e financia a Secretaría de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Dentro deste ciclo levarase a escena o 25 de outubro ás 19:00 horas no Edificio Multiusos a obra de Talía Teatro titulada Voa, voa! (entrada de balde).

Programa Proscenio 

Outro programa teatral financiado pola Deputación de Lugo, pero neste caso a cargo de actores e actrices profesionais. As obras programadas son:

-Luns 23 de decembro. Lilá Teatro coa obra Dun can de palleiro.

-Venres 27 de decembro,  Lucecús Teatro, coa obra A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna.

-Luns 30 de decembro, Titiriterra coa obra Belermina, a fabulosa velutina.

Estas son un conxunto de obras dirixidas o público infantil e familiar que se representarán no Edificio Multiusos ás 18:00 horas, con entrada de balde.

ÚLTIMAS

A ‘Feira do Viño de Amandi’ xa está aquí

O colofón a un completo programa de actividades do Mes de Amandi no concello...

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...