Os datos recollidos entre os establecementos turísticos do territorio reflicten unha evolución positiva da ocupación durante o mes de outubro, cunha media do 60 %, superando en máis de 10 puntos porcentuais os resultados do mesmo período de 2025. Por categorías, os datos de ocupación en outubro foron os seguintes:
- Hoteis 4 e 3*: 87,63 %
- Turismo Rural: 43,78 %
- Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 37,10 %
- Outros alox. (albergues, pensións, cámpings, apartamentos e hoteis de 2 e 1*): 70,62 %
A ocupación durante os días laborables situouse no 49,56 %, mentres que nas fins de semana acadou o 63,87 %. Outubro deixa así uns resultados que melloran os rexistros dos últimos anos. En total, contabilizáronse 6.493 prazas ocupadas sobre 10.861 prazas totais.
A ponte do Pilar, entre o 9 e o 12 de outubro, rexistrou unha ocupación definitiva do 89,24 %, superando a previsión inicial do 80,14 %. Por tipoloxías, os resultados foron os seguintes:
- Hoteis 4 e 3*: 93,80 %
- Turismo Rural: 69,11 %
- Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 100 %
- Outros aloxamentos: 94,04 %
Estes datos supoñen un incremento de 17 puntos porcentuais respecto á ponte do Pilar de 2025, cando a ocupación se situara no 72 %, aínda que só se dera esa ponte (sábado a luns) en determinadas Comunidades Autónomas ao ser domingo o 12 de outubro.
PREVISIÓNS NOVEMBRO
A actividade turística mantén tamén perspectivas favorables de cara ao mes de novembro. Por tipoloxías, os hoteis de 4 e 3 estrelas presentan as previsións máis elevadas, con cifras que se aproximan ao 60 %. Cos datos dispoñibles neste momento, novembro presenta unha previsión superior á do pasado ano, mantendo unha evolución favorable da actividade turística durante a tempada de outono.
Desde o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra valórase positivamente esta evolución, tanto polo incremento da ocupación rexistrada durante outubro como polos resultados acadados na ponte e as perspectivas para novembro, “As condicións meteorolóxicas favoreceron uns resultados que axudan, sen dúbida, á desestacionalización”, sinalan.

