HomesociedadeRibeira Sacra supera os 5 millóns de quilos de uva

Ribeira Sacra supera os 5 millóns de quilos de uva

Despois desta fin de semana na D.O. Ribeira Sacra levan recollido máis de 5 millóns de quilos de uva, dos que a maior parte corresponden a Mencía con 4.061.418 quilos, seguida da variedade branca, Godello, con 374.791 quilos.

Publicado o

- Advertisement -

A vendima comezaba oficialmente o 19 de setembro, aínda que varias adegas iniciaran a recollida a finais de agosto. O pasado ano a vendima finalizaba o 19 de outubro e cóntase que o final desta campaña sexa novamente por estas datas.

A 29 de setembro e con 5 millóns de quilos de uva vendimiados, 53 adegas están a recoller uva, 10 teñen a vendima paralizada e 27 xa finalizaron. Cando o ecuador da campaña está xa superado, restan 6 adegas por iniciar a vendima.

Os traballos víronse favorecidos por unhas excelentes condicións meteorolóxicas que contribuiron ao estado óptimo da uva e á fixación da súa acidez. A D.O. Ribeira Sacra deixa atrás setembro, mes en que a vendima volveu a ser o motor económico do territorio xerando miles de empregos directos e indirectos, para seguir a mesma tendencia no mes de outubro.

O resto dos datos de recollida de uva a data 29 de setembro son os seguintes (Total 5.040.716 k.):

Variedades tintas: Mencía: 4.061.418 k, Brancellao: 22.264k, Merenzao: 60.328 k, Caiño: 30.720 k, GraoNegro: 9 k, Garnacha: 239.769 k, Mouratón: 7.441 k, Sousón: 83.076 k, Tempranillo: 46.190 k

Variedades brancas: Albariño: 68.783 k, Branco Lexítimo 3.250 k, Dona Branca: 3.537 k, Godello: 374.791 k, Loureira: 2.121 k, Torrontés: 3.675 k, Treixadura: 33.344

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...