HomeSucesosDetido un veciño de Monforte con doses de cocaína e outras sustancias

Detido un veciño de Monforte con doses de cocaína e outras sustancias

A persoa detida tiña na súa poder 25 gramos de cocaína, 10 gramos de haxix e outros dous de MDMA, así como 3.700 euros en metálico.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño de Monforte de Lemos como presunto autor dun delito contra a saúde pública ao serlle intervidas diversas cantidades de cocaína e outras sustancias.

Así o informou o Instituto Armado, que relatou que, sobre as 2,30 horas deste martes, na localidade lucense de Sarria foi detido un veciño de Monforte de Lemos de 45 anos de idade como presunto autor dun delito contra a saúde pública.

A persoa detida tiña na súa poder 25 gramos de cocaína, 10 gramos de haxix e outros dous de MDMA, así como 3.700 euros en metálico. Pasou a disposición xudicial este martes. Por outra banda, a Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Lugo de 24 anos de idade como presunto autor dun delito de furto en grao de tentativa. Axentes sorprenderon á persoa investigada cando supostamente furtaba diverso material no punto limpo situado no termo municipal de Outeiro de Rei.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...