HomesociedadeMonforte é un patrimonio ferroviario único en España

Monforte é un patrimonio ferroviario único en España

O Muferga, Museo dos Ferrocarrís de Galicia, ven de celebrar reunión do seu Padroado para avanzar os próximos proxectos a desenvolver. Con sede en Monforte recibe anualmente unha media de 15.000 visitantes.

Publicado o

- Advertisement -

A xuntanza serviu para abordar o remate das obras de restauración dunha sección da rotonda ferroviaria e posta en funcionamento dos tres gatos hidráulicos que ata o momento estaban sen uso no Muferga. Recuperarase así un elemento moi destacado do patrimonio ferroviario do museo, con máis de 80 anos de antigüidade, que permitirá ampliar os espazos dedicados ao mantemento e reparación das locomotoras de vapor.

Tan só hai dúas instalacións semellantes en toda España, en Vilanova la Geltrú e Santander, pero de menor envergadura que a monfortina, que forma parte do patrimonio industrial europeo.

No plan de actividades tamén está previsto traballar na reposición dunha vía morta e outra de escape para entrar na rotonda e trasladar desde o Museo Camilo José Cela en Padrón dous tractores diésel de época para restaurar e poñer de novo en servizo, cando sexa factible.

Para este curso o Muferga contará cun orzamento de 116.000 euros. Renovouse o compromiso de incorporar ingresos por importe de 30.000 euros da Xunta de Galicia, 21.000 euros por parte da Deputación de Lugo e Ourense e, 8.000 do Concello de Monforte de Lemos.

Visita Muferga / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...