HomesociedadeAberto o prazo de solicitude para o Mercado de Outono de Monforte

Aberto o prazo de solicitude para o Mercado de Outono de Monforte

O Concello de Monforte abre o prazo de inscrición para participar no Mercado de Outono, que se celebrará na Praza de Abastos da cidade os días 2 e 3 de novembro.

Publicado o

- Advertisement -

Nesta nova edición do Mercado de Outono, poderán participar produtores e comerciantes do sector alimentario relacionados con produtos de tempada de outono. Ademais, este tipo de mercados organizados polo Concello, tamén son unha oportunidade para dar a coñecer novas empresas ou produtores que están a iniciar un proxecto empresarial e que poden utilizar estas instalacións como un escaparate para os seus produtos.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte ó da publicación das bases na páxina web do Concello e  remata o día 23 de outubro de 2019 ás 14:00 h. Os interesados/as en participar deberán presentar unha solicitude, xunto coa documentación requirida nas bases de participación do Mercado, no Rexistro Xeral do Concello de Monforte.

O horario de apertura dos postos será na xornada do sábado 2 de novembro, de 10:00 a 14:00 e 17:00 a 20:00 e domingo 3 de 10:30 a 14:00. Será obrigatorio manter o posto aberto nas datas e horario de apertura ao público indicadas.

Para calquera aclaración, os interesados poden dirixirse á Axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Monforte, acudindo á súa oficina situada nas Casitas da Compañía, s/n, ou no teléfono 982 884 775. Ademais do mercado tamén haberá diversas actividades de lecer para os máis cativos. A programación do Mercado de Outono presentarase proximamente.

ÚLTIMAS

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...