HomeOpiniónIoga, nenos máis felices, saudables e sociables

Ioga, nenos máis felices, saudables e sociables

Xa todo o mundo sabe, en maior ou menor medida o que é o ioga. A práctica regular de ioga ademais de relaxar o corpo e a mente, conleva outros beneficios a moi curto prazo que aqueles que o practican coñecen perfectamente, como conseguir conciliar o soño xa despois da primeira clase.

Publicado o

POR
Manuel Díaz Ares, Terapeuta Reiki
- Advertisement -

A práctica das posturas do Ioga, ASANAS, mellora a elasticidade e o ton muscular, recuperando mobilidade perdida ao longo dos anos de sedentarismo. O primeiro ensino do Ioga é a respiración. Podemos estar 40 días sen comer, dous días sen beber pero non máis de 2 minutos sen respirar, o que indica que a respiración é básica para a vida. A forma de respirar nestes tempos de sedentarismo, reduce bastante a achega de osíxeno ao sangue, a redución no transporte de osíxeno en sangue xera cefaleas. Hai que ter en conta que o 80% do osíxeno en sangue vai para o cerebro.

En ioga ensínase a recuperar a forma natural de respirar, se observades a un bebé durmindo como respira, veredes que infla e desinfla a barriga, do mesmo xeito que fan os animais, observade a un gato ou a un can. Esa forma de respirar fai que entre máis cantidade de aire e, por tanto, máis osíxeno.

Hai uns anos en Monforte o único lugar onde se daban clases de ioga era no Ecocentro Natureza, ademais doutras terapias naturais como o Reiki. Había clases para adultos e nalgunha época tamén se fixeron para nenos. Os nenos chegaban á saída do colexio a clase de ioga, dous días á semana unha hora diaria.

Aínda que os nenos non teñen a mente saturada de condicionamentos como os adultos, as frustracións destes xa comeza a xerarlles tensións que se traducen nunha convivencia familiar cada vez máis difícil, tanto para os pais como para eles mesmos. No colexio cárganse de tensións que xa non desafogan xogando ao saír de clase como se facía antes. Co batiburrillo de actividades extraescolares, case están a deixar de ser nenos, perdendo os mellores anos en actividades organizadas por adultos onde o xogo libre non adoita ter cabida.

Ao comezar a clase de ioga, os nenos na súa maioría entraban alterados, en tensión polo día de clases, así que o primeiro que se fai é motivalos a desafogar con algunhas actividades dinámicas, como correr, saltar e mesmo gritar. En dez minutos xa desafogaron e comezan a facer as asanas con formas de animais, iso encántalles: a ra, o gato, o can, o peixe, o saltamontes….así tantas como animais.

Os nenos divírtense facendo ioga, liberan a súa enerxía á vez que tonifican o seu corpo. Ao final da clase, os últimos dez minutos, mesmo se facía unha meditación e quedaban completamente relaxados. Os nenos non poden estar quietos moito tempo seguido, necesitan mover esa cantidade de enerxía que canalizan constantemente.

Se observades a un neno sentado nunha cadeira que non lle cheguen os pés ao chan, veredes que non para de balancear as pernas. Cando os obrigamos a permanecer quietos estamos a impedirlles mover esa enerxía, entón esa enerxía concéntrase no seu corpo e xéralles malestar a nivel mental, vólvense máis ariscos. Os nenos que practican ioga melloran o seu trato familiar e mesmo o rendemento escolar, é o testemuño dos pais cuxos fillos fan ioga. O Ioga para nenos debería de incluírse no horario escolar, mellorarían o seu rendemento académico.

ÚLTIMAS

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...