Homesociedade32.000 euros para 4 iniciativas empresariais lideradas por mulleres na zona sur

32.000 euros para 4 iniciativas empresariais lideradas por mulleres na zona sur

Esta convocatoria é cofinanciada co Fondo Social Europeo e permitíu a xeración nesta zona de 4 empregos por conta propia.

Publicado o

- Advertisement -

Trátase de proxectos acollidos á liña ‘Emprende’, do Programa Emega, destinada á promoción da posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a crear emprego por conta propia e allea. Hai proxectos beneficiados nos concellos de Chantada(2), Quiroga (1) e O Saviñao (1), en concreto unha iniciativa de psicoloxía clínica, un restaurante, un centro de estética e unha mercería.

O obxecto do Programa Emega é apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto co impulso a outras medidas para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. A finalidade última é que aquelas mulleres que teñan unha idea poidan materializala e contribúan, ao mesmo tempo, a xerar riqueza e novos postos de traballo.

O programa Emega inclúe catro liñas específicas: ‘Emprende’ -á que se acolleron os proxectos lugueses-; ‘Innova’, para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade de empresas constituídas por mulleres; ‘Activa’, para favorecer a reactivación e consolidación de empresas a través de medidas de renovación ampliación ou cambio de localización dirixidas a paliar unha situación económica adversa; e ‘ITEF’, para incentivar iniciativas empresariais con contido científico ou base tecnolóxica promovidas por mulleres. A maiores, establece unha liña de axudas complementarias, a ‘Concilia’, para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...