HomeEconomía1,1 millóns de euros para reparar 23 pontes do ferrocarril na liña...

1,1 millóns de euros para reparar 23 pontes do ferrocarril na liña Monforte-Vigo

ADIF formalizou o contrato con "Contratos y Servicios Ferroviarios" para a execución das obras de reparación de 23 pontes do treito ferroviario Monforte de Lemos-Ourense, na liña Monforte-Vigo.

Publicado o

- Advertisement -

O presuposto deste contrato é de 1.142.965,35 euros (IVE incluído) e conta cun prazo de execución de 18 meses. As 23 pontes nas que se actuará están situadas entre os puntos quilométricos 000/640 e 044/637 da liña Monforte-Vigo. Neles realizaranse obras de reforzo e reparación para mellorar as súas condicións de conservación e durabilidade.

En todos os casos, as actuacións de reparación realizaranse na parte inferior da estrutura e levarán aparellados breves cortes de circulación, que afectarán minimamente ao servizo ferroviario, posto que se levarán a cabo principalmente en horario de banda de mantemento.

As actuacións de mellora do treito Ourense-Monforte-Lugo, nas que se enmarca este contrato, teñen por obxecto optimizar as condicións de explotación comercial do traxecto no que respecta á seguridade, confort e tempos de viaxe.

Os traballos que se van realizar están asociados ás condicións e futuros parámetros de explotación en alta velocidade que se plantexan para o traxecto Ourense-Monforte de Lemos-Lugo.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...