HomeCulturaSôber presentará o seu novo disco en Sober

Sôber presentará o seu novo disco en Sober

Esta será a segunda visita do grupo de rock/metal alternativo ó Concello de Sober

Publicado o

- Advertisement -

O grupo de música madrileño de rock/metal alternativo Sôber, presentará o seu novo disco “La sinfonía del Paradÿsso” cun concerto acústico o 19 de xullo ás 22:00 horas na Praza do Concello de Sober.

Sôber/Concello de Sober

Logo de 4 anos dende a súa anterior visita ó concello que leva o seu mesmo nome, volven a actuar nun concerto de balde como forma de renovación de víncullo que os une coa localidade.

O rexedor, José Luís Guitián agradece a súa boa disposición para volver a Sober ó mesmo tempo que convida a toda a comarca e ós concellos limítrofes a participar na actuación programada que el califica como “un auténtico atractivo no verán da Ribeira Sacra”.

Pero esta non será a única actuación estelar que se vai celebrar na localidade este verán. Como xa informou o XdL , Carlos Núñez tamén visitará a terra do viño.

 

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...