HomeTerra de LemosPantónChega a Pantón unha campaña para que a rapazada coñeza os perigos...

Chega a Pantón unha campaña para que a rapazada coñeza os perigos das estradas

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta levará este luns a campaña de seguridade viaria ‘O corazón está do teu lado‘ ao CEIP Monte Baliño, no municipio de Pantón (Lugo), co fin de fomentar “hábitos responsables” nas estradas entre os escolares.

Segundo informou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nun comunicado, a campaña está dirixida a nenos de 6 a 12 anos e prevese que entre o pasado curso e o presente chegue a escolares duns 40 centros.

A iniciativa, en colaboración coa Consellería de Educación, chegará este curso escolar a 20 novos colexios da Comunidade galega, polo que se dá continuidade, destaca a Xunta, a esta actividade formativa desenvolvida nos últimos anos.

Este programa, incluído dentro do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, ten como obxectivo, destaca a Xunta, “explicar e ensinar aos máis pequenos a marxe da estrada polo que deben camiñar, sempre pola esquerda, polo lado do corazón”. A campaña busca, incide a Xunta, “que os máis novos se preocupen pola súa propia seguridade viaria e contribúan”, deste xeito, “tamén á seguridade dos demais”, conclúe.

ÚLTIMAS

Este 31 de xaneiro “Refuxio de inverno, viño e calma” na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A campaña destaca o inverno como un momento privilexiado para descubrir a Ribeira Sacra...

O PP acusa a Tomé de “subir até o máximo” o soldo como alcalde tras deixar a Deputación

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte acusaron ao alcalde, José Tomé,...

O programa Emega incentiva nove negocios impulsados por mulleres na zona sur

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou en Monforte de Lemos dous dos...

“O proceso” abre este 30 de xaneiro a programación teatral do Multiusos de Monforte

A cita no Edificio Multiusos, ás 20.15 horas, cunha entrada de 5€ para o...