HomesociedadeXornadas formativas "do día a día" en Bóveda

Xornadas formativas “do día a día” en Bóveda

O concello de Bóveda programa un ciclo de catro xornadas formativas para os meses de novembro e decembro, nas que afondar en aspectos xurídicos sobre a incapacidade xudicial, prevención e mellora da seguridade das vivendas, axudas técnicas para persoas en situación de dependencia e consellos para aforrar na factura da luz e do gas.

Publicado o

- Advertisement -

As charlas terán lugar no salón de plenos do Concello de Bóveda ás 15:30 horas, comenzando o día 13 de novembro coa charla ‘Aspectos xurídicos sobre a incapacidade xudicial’. Trátase dunha acción que conta coa colaboración da Asociación AFAMON Monforte que será impartida pola avogada Ana Isabel Rodríguez. Abordaranse temas como a toma de decisións nos procesos de deterioro cognitivo, xestión de bens e patrimonio e cómo poden axudar os nosos coidadores e coidadoras.

A seguinte xornada será o 22 de novembro sobre a ‘Prevención e mellora da seguridade nas nosas casas’. Será un relatorio organizado coa colaboración da Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio de Interior. O garda civil Manuel Luis Torrón Puga falará de temas sobre como evitar todo tipo de estafas, accidentes de todos tipo; laborais, domésticos ou viais e tamén como evitar ser vítima de todo tipo de roubos.

O 27 de novembro, de novo coa colaboración da Asociación AFAMON  Monforte, terá lugar a xornada ‘Axudas técnicas para persoas en situación de dependencia’ na que se contará coa terapeuta ocupacional Carolina Cotón Díaz. A xornada tratará temas relacionados con diferentes axudas técnicas coas que se pode contar para facilitar a vida diaria das persoas (caldeiras, andadores, elevadores) e como conseguilas.

A última das xornadas será o 4 de decembro en colaboración coa Escola de Enerxía da Fundación Naturgy e tratará sobre cómo aforrar na factura da luz. Será impartida polo técnico superior en eficiencia enerxética Daniel Varela. Explicará as facturas da luz e do gas e a posibilidade de optimizalas segundo as necesidades de cada familia, ensinará opcións nas vivendas para aforrar, así como o novo bono social e outras axudas.

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...