Na presentación do deseño gañador aos medios estiveron presentes, xunto co autor, Ángel Currás, o Alcalde, José Tomé, a concelleira de Cultura, Marina Doutón, e o concelleiro de Servizos, José Luis Losada.
O creador do cartel, que será a imaxe das Festas Patronais, comentou que a súa idea clara “foi realizar unha representación moderna, actual, fresca, case como se fose unha postal”. Isto referido á base principal da deseño, e respecto aos elementos destacados no mesmo, Currás indicou que “todos tiñan que ter unha xerarquía clara, cada un deles ter moito protagonismo, están situados estratexicamente para que haxa un percorrido con diferentes planos dunha maneira próxima, animada, non moi obvia e que representasen ás festas”. Así, pois, no deseño distínguense elementos típicos das “patronais” como son o conxunto monumental de San Vicente, Os Escolapios, os fogos, o tren, o río, ou a Virxe de Monserrat.

Pola súa parte, o Alcalde, José Tomé lembrou que a idea de recuperar o concurso de carteis no ano 2016 foi unha acción de goberno e que a mesma permite a participación a toda persoa interesada en divulgar as festas e contribúe a unha maior achega de ideas.
participación no concurso de carteis
Este ano foron 21 os traballos artísticos presentados no concello para participar no concurso, dous máis que o pasado ano, e a maioría deles foron elaborados por veciñas e veciños de Monforte; concretamente 13 do total.
Como noutras edicións, tamén chegaron propostas doutras localidades de Galicia como Ourense, Santiago, A Coruña, Tui ou Moaña, vila do gañador Ángel Currás e tamén de fóra da nosa comunidade como foi o caso dun participante de Navarra.