HomePolíticaO PP quere regular o mercadillo dominical do Parque dos Condes

O PP quere regular o mercadillo dominical do Parque dos Condes

Publicado o

- Advertisement -

O Parque dos Condes de Monforte acolle semanalmente un mercadillo ambulante. O que inicialmente, hai oito anos, comezou sendo un lugar de encontro entre particulares para intercambiar bens e venta de obxectos de segunda man, converteuse co tempo; segundo o PP; “nun verdadeiro mercadillo ambulante, alleo totalmente a calquera normativa reguladora.” Nesta situación os populares presentan unha moción para a redacción e aprobación dun regulamento de venta ambulante.”

A voceira do PP de Monforte, Katy Varela, di que a actual situación de descontrol prexudica aos comerciantes establecidos en Monforte. Sostén que a falta de control pode supoñer tamén graves prexuízos para os compradores de determinados produtos.

A autorización desta práctica comercial é responsabilidade dos concellos, mediante a correspondente ordenanza municipal reguladora da venda ambulante. Nas disposición municipais fixaranse os lugares e períodos aptos para tal exercicio comercial, os requisitos esixibles, o número de postos e licencias, os produtos que se poderán poñer a venda, as taxas a aboar, así como, entre outros requisitos, o réxime interno do mercado e a previsión de sancións, ademais da relación de dereitos e deberes dos comerciantes.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...