HomeMedio ambiente e PatrimonioUU.AA. acusa a Xunta de "non actuar" fronte á praga de ratas

UU.AA. acusa a Xunta de “non actuar” fronte á praga de ratas

Afecta a Triacastela, Samos e Pedrafita.

Publicado o

- Advertisement -

O secretario xeral de Unións Agrarias (UU.AA.), Roberto García, acusou este xoves á Xunta de permitir que se estendese a praga de ratas e así afeou que “o que era un problema de dúas parroquias de Triacastela no mes de marzo, agora se converteu nun problema que afecta a tres concellos” —Triacastela, Samos e Pedrafita–.

García lembrou que no mes de marzo se advertiu de dita infesta á delegada territorial de Medio Rural, que é a alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias.

“O que era un problema de dúas parroquias de Triacastela no mes de marzo, cando denunciamos o tema nunha reunión na Consellería de Medio Ambiente e ante o abandono e a falta de toma de decisións converteuse nun problema que afecta a tres concellos (Triacastela, Samos e Pedrafita) e a moitos gandeiros que ven como teñen as leiras esnaquizadas co consecuente dano ás súas explotacións”, lamentou.

O dirixente agrario protestou porque levan “meses sen actuación (para combater a praga de ratas), e aínda se está perdendo o tempo para ver que tipo de ratas son as que provocan estes danos”.

“A Xunta ten que, en primeiro lugar erradicar a praga e que faga igual que en Asturias, onde se está compensando por hectárea afectada e por último que estas leiras non teñan impedimento para computar para a PAC“, reivindicou.

Ademais, García advirte de que “os danos son cuantiosos, porque hai varias hectáreas afectadas”, e “no momento de escaseza de alimentación para o gando, como é agora no inverno, o ter prados afectados e totalmente levantados obríganche a comprar forraxe para a explotación“, subliñou.

As granxas máis prexudicas, na montaña de Lugo, segundo manifestou, son as “de carne”. “Ademais ven danadas tamén pola tendencia á baixa dos prezos e porque no inverno é cando menos forraxe hai e obrígache a comprar fóra”, concluíu.

ÚLTIMAS

Comezan as Festas Patronais de Chantada que celebran o 23 o Folión de Carros e o pregón

O Concello de Chantada celebra as súas Festras Patronais na honra á Virxe do...

Monforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela),...

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...