HomePolíticaO alcalde de Paradela denuncia a un veciño por "darlle dous golpes...

O alcalde de Paradela denuncia a un veciño por “darlle dous golpes no peito” tras cambiarlle un colector do lixo

Os feitos tiveron lugar o martes cando un grupo de veciños mantivo un encontro co rexedor para protestar por esta decisión.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Paradela, José Manuel Mato (PP), presentou denuncia no cuartel da Garda Civil de Portomarín por mor da suposta agresión sufriu no seu propio despacho por parte dun veciño dese municipio lucense.

Segundo explicou o propio rexedor local, os feitos sucederon o pasado martes, cando veciños do lugar de Uceira Branca, un núcleo da parroquia de Castro de Rei de Lemos, presentáronse no Concello de Paradela para protestar polo cambio de localización dun colector de lixo.

Ao final, lamentou o alcalde, ese intercambio de impresións “dexenerou no que dexenerou”. A conversación foi subindo de ton e acabou nunha discusión, momento no que supostamente un dos veciños propinoulle dous golpes no peito ao rexedor local, á vez que outros o insultaban.

“Deume dous golpes no peito”, dixo o rexedor local, quen non se esperaba tal reacción, porque “estaba a un metro de min”. O alcalde acudiu ao centro de saúde e, posteriormente, presentou a denuncia “por agresión ante a Garda Civil”. Mato amentou o sucedido e dixo que para el foi “un desgusto”.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...