HomePolíticaBalseiro pídelle a Tomé que axilice o Porto Seco de Monforte ante...

Balseiro pídelle a Tomé que axilice o Porto Seco de Monforte ante Fomento, prorizando ao concello e non ao PSOE

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro pide ao alcalde de Monforte, José Tomé que force ao Ministerio de Fomento a rectificar e evite o bloqueo que o Goberno central impuxo ás obras de conexión entre o porto seco e a nacional 120.

Publicado o

- Advertisement -

José Manuel Balseiro reclama ao rexedor que actúe en “defensa dos intereses de Monforte e non como avogado defensor do Goberno central ou do PSOE. Hai situacións nas que un alcalde debe poñerse do lado dos seus veciños, e dicirlle ao Goberno central que está a facer mal as cousas. Que non ten dereito a poñer contínuos obstáculos e inconvenientes para que a Xunta poda avanzar no proxecto e garantir unha conexión do porto seco con Ourense e a Meseta. A execución desta obra debe de ser facilitada e non freada polo conxunto de administracións”

Lembra Balseiro que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade leva 2 anos traballando no deseño desa conexión, e segundo afirma, con todo tipo de dificultades por parte do Ministerio de Fomento, “polo modo de enlace coa estrada nacional que se prevé converter en autovía, e agora porque reclama a eliminación dun paso a nivel de Adif totalmente alleo ao trazado previsto pola Xunta”.

O delegado territorial lamenta tamén a “tibieza municipal” e lembra que ata agora só a Xunta mostra interese pola dinamización económica do sur da provincia de Lugo, “con máis de 20 millóns de euros investidos no Porto Seco de Monforte sen ningunha implicación nin da Deputación de Lugo, nin do Goberno central, nin do Concello, salvo no feito anecdótico do confinanciamento municipal do custe da depuradora”.

“Hai que ter a valentía de sinalar aos culpables, ao Goberno central, e non botar balóns fóra. Esixir a Fomento que adopte solucións construtivas, para que o porto seco de Monforte, polos estorbos do PSOE, non remate por converterse nun polígono de luxo infrautilizado”, apunta Balseiro.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...