HomeTerra de LemossanidadeO Sergas contra o fomento da natalidade e do rural?

O Sergas contra o fomento da natalidade e do rural?

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta de Persoal do hospital Comarcal de Monforte quere mostrar o seu apoio á Xunta de persoal do H.C. de Verín e expresar o seu rexeitamento ó peche do paritorio e á perda do pediatra deste hospital. 

Segundo a Xunta de Persoal do hospital monfortino, o SERGAS segue co seu plan de deixar abandonados os hospitais comarcais e centralizar todo nos hospitais de referencia.

Aseguran que dende o SERGAS din que non se pode manter o paritorio atendendo ao número de nacementos que hai. Por este motivo a Xunta de Persoal de Monforte asegura que só se mira o lado económico, pero nunca se poñen do lado das persoas. “Isto vai totalmente en contra do fomento da natalidade, e do rural. Por todo isto rexeitamos o peche deste servizo e a perda da plaza de pediatra”, explican nun comunicado desde o centro monfortino.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...