HomesociedadeCortada ao tráfico no concello do Incio a LU 642 por desprendementos

Cortada ao tráfico no concello do Incio a LU 642 por desprendementos

A incidencia localízase no punto quilométrico 21+400, nun treito en curva, situado entre a capitalidade do concello e o núcleo da Ferrería.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade pechou ao tráfico, desde deste venres pola tarde, un treito da estrada autonómica LU-642, no concello do Incio, tras producirse un desprendemento do terreo que afectou á plataforma desta vía.

O día 28, cando tivo lugar a incidencia, os servizos técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) sinalizaron o espazo afectado polo derrubamento cortando un dos carrís da estrada pero, tras constatar onte que o desprendemento se agravou, decidiron o corte total da circulación durante a fin de semana para garantir a seguridade dos usuarios da vía. Non é posible traballar na zona dada a inestabilidade do terreo e a posibilidade de que se agrave coas chuvias desta fin de semana.

A previsión é que na vindeira semana, comecen a executarse os traballos de estabilización da ladeira e de reparación da estrada. Será nese momento no que se concrete a solución óptima que se adoptará, a duración das obras e a afección ao tráfico que suporán.

ÚLTIMAS

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...