HomesociedadeA Federación de Caza di que o home que disparou á súa...

A Federación de Caza di que o home que disparou á súa cadela non está federado e carga contra os animalistas

O Defensor do Pobo pide á Xunta que aclare se levará o caso á Fiscalía.

Publicado o

- Advertisement -

O home que supostamente disparou á súa cadela en Chantada non está federado, segundo informou o presidente da Federación de Caza de Lugo, Francisco López, quen lamentou que as organizacións animalistas utilicen un suceso deste tipo para facer “dano ao colectivo”.

Francisco López precisou que este home, que aparece nun vídeo difundido polas redes sociais mentres arrastra o animal polo pescozo, “non pertence ao grupo dos cazadores federados en Galicia”, que suma “máis de 20.000 persoas”.

“Poderían dicir que é labrador, porque o é, pero prefiren dicir que é cazador, porque así lle fan máis dano ao colectivo”, lamentou Francisco López, en relación coas denuncias das organizacións animalistas.

Lembrou que calquera colectivo “pode ter a desgraza” de atoparse no seu seo con persoas que teñen comportamentos inadecuados, pero tamén deixou claro que a Federación de Caza condena de forma taxativa este suceso.

“Queremos expresar nosa total repulsa”, dixo Francisco López, a un comportamento que “nada ten que ver coa práctica da caza”.

DEFENSOR DO POBO

O Defensor do Pobo, Francisco Fernández Marugán, dirixiuse á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia para que informe “sobre a brutal agresión e para saber se levará o caso á Fiscalía“.

Nun comunicado, lembra que, de acordo co vídeo difundido en redes sociais por unha testemuña, o home disparou ao animal e rompeu os seus húmeros. Despois, ao comprobar que seguía viva, comezou a golpeala na cabeza.

Sobre este caso, lembra que o artigo 337 do Código Penal establece unha pena de tres meses e un día a un ano de prisión e inhabilitación especial dun ano e un día a tres anos para o exercicio de profesión, oficio ou comercio que teña relación cos animais e para a tenencia dos mesmos. En concreto, fíxao “para quen, por calquera medio ou procedemento, maltrate inxustificadamente, causándolle lesións que menoscaben gravemente a súa saúde a un animal doméstico ou amansado”.

Ademais, lembra que esta institución recibe todos os anos “queixas relacionadas co benestar animal”. “A preocupación cidadá polo benestar e coidado dos animais, tanto domésticos como silvestres, é cada vez maior, e así o demostran as queixas que presentan ao Defensor as asociacións ecoloxistas, que denuncian diversos danos á biodiversidade existente”, recolle no seu comunicado.

Animalistas denunciarán a brutal paliza dun cazador a unha cadela a que disparou en Chantada

 

ÚLTIMAS

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...