HomePolíticaIago Suárez: "A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O BNG non entende o voto en contra do PP para rehabilitar a Capela de Guadalupe mentres "presume da Ribeira Sacra"

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do Parlamento de Galicia unha intervención urxente para garantir a conservación da Capela de Guadalupe, situada na parroquia de San Vitorio de Ribas de Miño, no concello do Saviñao. A súa intervención foi seguida por unha trintena de veciñas e veciños que se desprazaron ata Santiago para visibilizar a situación de deterioro que sofre esta edificación singular.

“O feito de que trinta persoas se despracen desde o Saviñao ata aquí, nun xoves de outubro, dá boa conta do profundo apego que sente a veciñanza pola súa capela e do seu compromiso coa defensa do patrimonio”, salientou Suárez, quen lles transmitiu un afectuoso saúdo e un sincero agradecemento pola súa persistencia.

O deputado lembrou que son varias as iniciativas que o BNG trouxo ao Parlamento, pedíndolle ao Goberno de Rueda plans integrais para a zona e que “non se fan, vótase en contra”, recriminou Suárez. Agora pedímoslles esta actuación concreta, e tampouco”, dixo.

“Gastan bastante máis nun só festival de música aquí en Compostela –O son do Camiño— para promocionar artistas como Katy Perry ca os 1.200.000 euros en rehabilitacións singulares” recriminou Suárez despois á bancada popular.

O deputado nacionalista cualificou a Capela de Guadalupe como “unha xoia da Ribeira Sacra e de toda Galiza”, situada nun enclave privilexiado con vistas a varios concellos e parroquias da contorna. “É unha construción literalmente única, motivo de orgullo para quen habitamos o sur de Lugo, e debera selo para toda Galicia”, afirmou.

A capela está incluída no expediente de catalogación da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural (BIC), e lembran desde o BNG que a Xunta de Galicia ten o deber legal de garantir o seu mantemento. Porén, denunciou que ata o de agora todas as actuacións de conservación recaeron exclusivamente na veciñanza, que mesmo tivo que reforzar o interior da edificación para evitar o seu derrubamento.

Na proposta do BNG solicitábanse dúas medidas concretas, elaboración dun estudo de campo rigoroso sobre o estado da Capela de Guadalupe no actual período de sesións, e inicio dos traballos de rehabilitación antes da finalización da XII Lexislatura.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...