HomesociedadeO Saviñao recolle os plásticos agrícolas a partir de xaneiro

O Saviñao recolle os plásticos agrícolas a partir de xaneiro

A empresa SIMA SL será a encargada de facer a recollida cada tres meses. O servizo será de balde e a demanda dos agricultores

Publicado o

- Advertisement -

O Concello do Saviñao habilitará en xaneiro o servizo de recollida de plásticos agrícolas en todas as explotacións gandeiras do Saviñao. A iniciativa formaba parte do programa de gobernabilidade dos populares. O máximo mandatario local deu conta desta iniciativa ao Pleno na última sesión celebrada, acadando a unanimidade da Corporación.

A empresa SIMA SL será a encargada de facer a recollida a custe 0 para os gandeiros cada tres meses. Esta farase, ademais, a demanda dos mesmos. Explica o rexedor, “poñemos en marcha este servizo que lles evita aos gandeiros ter que levar os plásticos ao punto limpo”.

“É dicir, por unha banda, poñemos disposición dos mesmos un servizo gratuíto e, pola outra, aforrámoslles o custe e o tempo que empregaban ata o de agora de ter que depositalos neste lugar. Entendemos, por tanto, de que se trata dunha boa noticia para os agricultores, solucionando tamén o problema medioambiental que pode ocasionar a acumulación destes residuos”, conclúe.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...