HomesociedadeC@urel Vivo solicita medicións do gas radón

C@urel Vivo solicita medicións do gas radón

Courel Vivo solicitará no pleno deste mes medicións do gas radón en cada unhas das aldeas e das vivendas que o demanden.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo o OMS este gas é un factor de risco do cancro broncopulmonar, pois en fogares con niveis elevados de radón existe máis do dobre de probabilidades de presentar cancro de pulmón. Hai dous mapas sobre a incidencia do Radón en Galicia (un do Ministerio e outro da Consellaría de Vivenda e Solo). Nun deles, o concello do Courel é unha zona de alto risco  e no outro aparece como un concello con risco medio.

Para tranquilidade da saúde da veciñanza, esta formación considera necesarias medicións por aldeas, así como en vivendas que o soliciten. Aseguran que esta situación pódese paliar con sinxelas medidas preventivas que diminúen esta concentración nos fogares e que a poboación debe coñecer: ventilación, practicar aberturas de aireación nos sotos…

A Organización Mundial da Saúde, OMS, ten en marcha un proxecto para instar aos gobernos a tomar políticas de redución do radón en edificios públicos e vivendas e a UE acaba de expedientar a España por non aplicar a normativa do radón. Nesta situación Courel Vivo solicita que se realice unha campaña informativa sobre os efectos do gas radón, incidencia e posibles
efectos, así como as medidas preventivas.
Piden que se midan os índices de gas radón que existen nos edificios públicos de ámbito municipal do Concello e que se promova a medición naqueles fogares que o soliciten, con medidas por parte do concello que reduzan o seu custe, como acordos coa USC, Ministerio de fomento ou a Consellaría de Vivenda e Solo.

ÚLTIMAS

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...