HomeMedio ambiente e PatrimonioA candidatura da Ribeira Sacra xa está lista para ir á Unesco

A candidatura da Ribeira Sacra xa está lista para ir á Unesco

"Trátase dunha proposta seria e rigorosa, avalada por un gran consenso dos distintos axentes implicados", din desde a Xunta logo das numerosas alegacións dos coletivos de defensa do patrimonio e do medio ambiente.

Publicado o

- Advertisement -

A candidatura da Xunta para que a Ribeira Sacra e as serras do Oribio e O Courel se transformen na sétima reserva da Biosfera de Galicia deu este mércores “un paso máis e decisivo” para á súa aprobación, segundo informou a Consellería de Medio Ambiente, ao ser sometida á consideración do Comité de Coordinación da Rede de Reservas da Biosfera de Galicia.

Así o destacou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, dado que a candidatura superou o último trámite antes da súa remisión ao comité español da Unesco. A conselleira participou na sesión constitutiva do propio Comité de Coordinación da Rede de Reservas da Biosfera de Galicia, un órgano creado e regulado por decreto -a principios de 2019-, co que se busca fomentar o traballo en rede das diferentes reservas da Biosfera que hai na comunidade autónoma, co obxectivo final de mellorar o seu funcionamento.

Despois de recibir luz verde por parte dese comité, a Xunta xa está “en disposición de presentar o documento técnico que avala a candidatura” ante a Secretaría do Comité español do Programa MAB (Home e Biosfera) da Unesco, que se ocupará de continuar coa súa tramitación.

Desa forma, precisou,  cúmprese “o calendario previsto”. “Trátase dunha proposta seria e rigorosa, avalada por un gran consenso dos distintos axentes implicados nun total de 23 municipios de Lugo e Ourense”, dixo. Tamén quixo destacar que, “unha vez obtida a declaración por parte da Unesco”, o 42% do territorio galego quedará amparado por algunha figura de protección. Con todo, esta proposta da Xunta foi amplamente criticada por numerosos colectivos ambientalistas e patrimoniais que, durante o periodo de exposición pública, presentaron numerosas alegacións.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...