HomesociedadeRestablecida a circulación no treito da LU 642 afectado por un desprendemento...

Restablecida a circulación no treito da LU 642 afectado por un desprendemento no concello do Incio

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade informa de que desde a tarde deste día 4 de decembro, quedou restablecida a circulación na estrada LU-642, no municipio do Incio, que se viu afectada por un desprendemento.

Polo momento a circulación está condicionada polo que deberá efectuarse polo carríl dereito desta vía, para o que está disposta a correspondente sinalización de emerxencia e a regulación do tráfico con semáforos. A incidencia localízase no punto quilométrico 23+390, nun treito en curva, situado entre a capitalidade do concello e o núcleo de A Ferrería.

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) continúa traballando no lugar no que se produciu o desprendemento, con persoal técnico e maquinaria pesada, para avaliar a solución máis axeitada para garantir o restablecemento total da circulación o antes posible, situación complicada pola inestabilidade do terreo.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...