HomeSucesosDetido en Monforte un home de 20 anos por tráfico de drogas

Detido en Monforte un home de 20 anos por tráfico de drogas

Funcionarios da Policía Nacional adscritos á Brigada Local de Seguridade Cidadá da Comisaría Local de Monforte de Lemos detiveron a un mozo de vinte anos por un delito contra a saúde pública.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado sábado, 7 de decembro, sobre as cinco da tarde, realizando labores propios de control da Seguridade Cidadá, un indicativo de Radiopatrullas da cidade do Cabe, observa no estacionamento do edificio Multiusos, na rúa María Emilia Casas Baamonde, un vehículo marca Citroen se atopa coas portas abertas.

Cando se aproximan atopan no interior dous mozos, que manifestan consumir substancias estupefacientes e están a escoitar música. Os policías actuantes proceden a realizar unha requisa do vehículo e dos mozos, e localizan unha bolsa con 37 pastillas de cor laranxa de 18 gramos, que son MDMA (éxtase), unha bolsa cun gramo, dunha substancia de cor esbrancuxada en roca e que é Éxtase, unha bolsa con 10 gramos, dunha substancia de cor esbrancuxada en roca e que é Éxtase e un bote de cor branca, tamén con éxtase.

A cantidade de substancias intervidas son de entidade suficiente para proceder á súa detención e posta a disposición xudicial por un delito contra a saúde pública, segundo informan desde a Dirección Xeral da Policía.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...