HomeEconomía"O Lotón", 1000 euros en xogo por comprar en Sarria

“O Lotón”, 1000 euros en xogo por comprar en Sarria

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionales e Autónomos de Sarria (ACES) vén de presentar a campaña de Nadal nun dos establecementos pertencentes ao colectivo, "Electronva", ubicado na Rúa Nova.

Publicado o

- Advertisement -

A presentación da campaña correu a cargo de Ricardo Arias, Presidente da ACES-CCU, que explicou as actuacións previstas para estas festas e fíxoo acompañado de Marisa, a propietaria do devandito establecemento.

O vindeiro luns 16 e ata o 31 de decembro os comerciantes da vila de Sarria terán organizan por segundo ano “O LOTÓN“. As compras entre as datas sinaladas farán que un/unha cliente do CCU poida gañar 1000 euros, cartos que terá que gastar nalgún dos comercios asociados e antes do día de Reis.

Ademais, os establecementos asociados poderán participar un ano máis no concurso de escaparates que ten como obxectivo a posta en valor dos negocios locais a través das votacións do público nas redes sociais.

Outra das actividades desta campaña terá lugar o martes 24 de decembro. Papá Noel estará na rúa, acompañado de música, animando as compras e facendo felices aos máis cativos nun día tan sinalado. Os/as que o desexen poderán aproveitar tamén un photocall interactivo para facerse fotos.

De cara a xaneiro a directiva está ultimando outra actividade, a derradeira da campaña, pensada para os máis cativos/as. Será anunciada máis adiante pois está pendente de pechar.

O alumeado de Nadal da vila de Sarria está prendido dende o día 4 de decembro, coincidindo co inicio do “Tapicheo“, e permanecerá acendido ata o 6 de xaneiro.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...