HomesociedadeMercado de Nadal na Praza

Mercado de Nadal na Praza

Esta fin de semana do 21 e o 22 de decembro celébrase no concello de Monforte unha nova edición do “Mercado de Nadal na Praza: Agasallos, artesanía decoración e xogos 2019”. Participarán profesionais do eido da artesanía, empresas de decoración de Nadal e do fogar, de agasallos, xoguetería e complementos decorativos para estas festas.

Publicado o

- Advertisement -

O Nadal na Praza volverá a ser referente nas datas de Nadal, onde se poderán atopar agasallos de calidade artesanais e pezas únicas, así como todo tipo de artigos relacionados coas compras destas datas. Ademais da oferta de produtos dos diferentes expositores, levaranse a cabo actividades complementarias relacionadas co ocio e o lecer, co obxectivo de facer máis dinámico e atractivo o Mercado.

O horario de apertura dos postos será na xornada do sábado 21 de decembro, de 10:00 a 14:00 e 17:00 a 20:30 e o domingo 22, de 10:30 a 14:00.

Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, indicou que “con este tipo de eventos, como é o Nadal na Praza, queremos potenciar e colaborar co mercado local, para crear pulos comerciais que aposten pola importancia da compra no pequeno comercio”.

Programa de actividades

O sábado 21 de decembro, terán lugar as seguintes actividades:

  • 11:00 a 14:00 “Showcooking Navideño”- Obradoiro de cociña creativa para nenos e nenas.
  • 18:00 Contacontos “Filipa cos contos
“Filipa cos contos” de Fran Campos e Bandullo Azul.

Domingo 22:

  • 11:00 a 14:00 h.- “Showcooking de cociña de Nadal”, para adultos.
  • 11:30 a 14:00 h.- Obradoiro “Nadal en igualdade”, a cargo da ilustradora Laura Cortés, e que consistirá na creación de postales 3D con personaxes do Nadal femininas como a “Apalpadora”.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...