HomesociedadeCourel Vivo demanda atención médica móbil para o concello

Courel Vivo demanda atención médica móbil para o concello

C@urel Vivo solicita que regularmente, se achegue ós centros de saúde de Seoane e Folgoso un bus medicalizado.

Publicado o

- Advertisement -

C@urel Vivo solicita un servizo regular onde os maiores poidan revisar a vista (cun oftalmólogo profesional), ter servizo de podoloxía, dentista, prevención de enfermidades como o alzheimer, así como outras que tivesen demandas xeneralizadas.

A presentación desta proposta ao pleno para que sexa trasladada á Consellería de Sanidade apoiana nos seguintes motivos:
  • Trátase dun concello que conta coa idade media máis alta, por habitante. Polo que a Sanidade e os coidados sociais ós maiores deben ser unha das prioridades.
  • As especialidades médicas están, nalgúns casos, a hora e media de camiño.
  • O concello non ten na práctica un transporte regular e semanal que serva para achegar ós maiores, ás vilas que dan estes servizos.
  • A Xunta de Galicia xa conta cun servizo semellante ( RedMay ), pero a súa oferta só chega a 20 concellos, entre os que non está Folgoso do Courel.
Por todo o anterior, o Grupo Municipal de C@urel Vivo traslada ao pleno solicitarlle á Consellería de Sanidade que implante un servizo móbil de medicina especializada nos dous centros de saúde do Courel algún día á semana. En defecto do anterior piden que se implante o autobús móbil RedMay no Courel unha semana cada 2 meses.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...