HomesociedadeFabien provoca incidencias en Bóveda e Folgoso do Courel

Fabien provoca incidencias en Bóveda e Folgoso do Courel

O Servizo de Xestión Territorial da Deputación de Lugo atendeu na xornada deste sábado, 21 de decembro, un cento de incidencias nas estradas provinciais de 37 concellos por mor do temporal Fabien. A maioría das intervencións consistiron na retirada de árbores caídas na vía e na limpeza das estradas afectadas por desprendementos de terra.

Publicado o

- Advertisement -

As estradas que permanecen cortadas ao tránsito de vehículos neste momento son as LU-P-1701(Castro de Rei), LU-P-0901 (Bóveda) e LU-P-1102 (Cospeito) por asolagamentos;e LU-P-3502 (Navia de Suarna) e LU-P-1408 (Cervantes) por desprendementos de terra e arborado na estrada.

Entre as estradas provinciais afectadas polas incidencias na zona sur da provincia, a Deputación de Lugo actuou na LU-P-4505 (Folgoso do Courel) e  LU-P-0901 (Bóveda).

No resto da provincia víronse afectadas a LU-P-1408 (Cervantes); LU-P-3502 e LU-P-1901(Navia de Suarna); LU-P-3601 (Negueira de Muñiz); LU-P-3701(As Nogais); LU-P-4504 (Pedrafita do Cebreiro); LU-P-1611 (Begonte, Friol, O Corgo, Guntín, Castro de Rei, Castroverde, Cospeito e Outeiro de Rei); LU-P- 0507 (Baralla); LU-P-0205, LU-P-3103, LU-P- 3101 (Mondoñedo); LU-P-3401, LU-P-3403 (Muras); LU-P-3809 (Ourol); LU-P- 3006 (A Pastoriza); LU-P- 3006 (Rábade); LU-P-5505, LU-P-5503, LU-P-5506 (Riotorto); LU-P-0104, LU-P-6507, LU-P-6509 (Vilalba); LU-P-1701 (Castro de Rei); LU-P-1102 (Cospeito);

Tamén foi preciso intervir en varias localizacións nos concellos de Antas de Ulla, Monterroso, Monforte de Lemos, O Saviñao, Becerreá, Lugo, Palas de Rei, Pantón, Quiroga, Sober e Ribas de Sil para atender incidencias provocadas pola caída de arborado nas vías.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...